venres, 28 de setembro de 2018

DATAS DE ENTREGA - BANCO DE LIBROS DA AMPA S.PAIO

COMUNICADO ENTREGA DE LIBROS 

A AMPA do IES SAN PAIO INFORMA:

A entrega de libros será de: 18:00 á 19:30 hs. Os días:

- MARTES, DÍA 02/10: PARA OS/AS QUE TEÑAN VALE DE DOAZÓNS 

- XOVES, DÍA 04/10: PARA O RESTO DOS SOCIOS/AS 

LEMBRADE: TODOS os libros débense entregar na Ampa ao finalizar o curso. 

É imprescindible ser socio/a da Ampa para desfrutar deste servizo. 

Tui, 27 de setembro de 2018
AMPA IES SAN PAIO

martes, 18 de setembro de 2018

ENLACE PARA PEDIR A BECA DE BACHARELATO

Indicamos a continuación o enlace para pedir a BECA DE BACHARELATO:

https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html

BANCO DE LIBROS PARA BACHARELATO

Informamos que o BANCO DE LIBROS da Ampa S.Paio incluirá tamén este curso algúns libros de BACHARELATO.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AMPA SAN PAIO (TUI)
CURSO 2018-2019

Informamos a todos os/as socios/as da Ampa do IES San Paio que, por acordo da Xunta Directiva, convócase para o vindeiro xoves día 20 de SETEMBRO de 2018 a Asemblea Xeral Ordinaria, ás 19:00 h. en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda, no salón de actos do IES San Paio, co seguinte:
ORDE DO DÍA
1)       Lectura e aprobación da acta anterior.
2)       Estado de contas e memoria anual da Ampa.
3)       Renovación da Xunta Directiva.
4)       Actualización da cota de socios/as.
5)       Banco de libros.
6)       Rogos e preguntas.

Lembrar que os/as socios/as poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse cuns días de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico ampa.sampaio.tui@gmail.comou depositadas na caixa do correo que a AMPA ten no centro.

venres, 7 de setembro de 2018

ATENCIÓN: BANCO DE LIBROS AMPA IES S.PAIO

-DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO PASADO EMPRESTADOS POLA AMPA
-RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO EN DOAZÓN AO BANCO DE LIBROS DO AMPA

-CANDO:      XOVES 13/09/2018  

-HORARIO: 17:00H - 20:00H

-DONDE:      NA AULA HABITUAL DA AMPA NO IES S.PAIO

Dende a AMPA do IES S.Paio comunicamos a todas as familias que a data para a entrega dos libros emprestados pola Ampa o curso pasado, así como a entrega de libros en doazón para o curso que comeza, será o día 13/09/2018 de 5 a 8 da tarde.

Lembramos que é obrigatorio devolver os libros de empréstito, perdendo dereito a calquer novo servizo da Ampa todo aquel que non o faga.

Esclarecemos tamén que por cada libro que queirades doar á Ampa, recibiredes un vale:
  • Para a troca por outro libro do banco de libros da Ampa (que se realizará en setembro, ate agotar existencias).
  • Ou para a axuda do gasto nas librarías de Tui que colaboren (confirmarase listado de librarías colaboradoras).
Para calquera dúbida podedes contactar ó teléfono 626 48 84 50 ou o correo ampa.sampaio.tui@gmail.com

Agradecendo a vosa axuda para manter viva esta Ampa, 
atentamente,

AMPA IES S.PAIO

domingo, 18 de marzo de 2018

MÉTODOS DE ESTUDO EN ALUMNADO CON DISLEXIA

O ANPA IES S.PAIO colabora xunto con outras Anpas de Tui na charla-conferencia que se vai celebrar este mércores 21/03/18, ás 18:00h, no salón de actos do CEIP nº2.

"MÉTODOS DE ESTUDO EN ALUMNADO CON DISLEXIA"

Imparte: PAULA OUTÓN OVIEDO (Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, USC)

Estades tod@s invitad@s!!

sábado, 13 de xaneiro de 2018

REANUDAMOS A ACTIVIDADE DE ROBÓTICA

REANUDAMOS A ACTIVIDADE DE ROBÓTICA A CARGO DE "CHIRLOMIRLO" CON NOVOS HORARIOS:

            * VENRES: 19:00h-20:00h (reanudado o 12/01/18)
            * MÉRCORES: 18:00h-19:00h (pendente de formar grupo)

ANIMAMOS A TÓDOLOS RAPACES E RAPAZAS A ANOTARSE A ESTA ACTIVIDADE TAN LÚDICA E INSTRUCTIVA (aberto para ESO e BAC).

Para descargar ou ampliala imaxe preme aquí: